Listen "ADRIÁN ESTÉVEZ IGLESIAS sobre Manuel de Castro, Hándicap (Maio 2023)"
Episode Synopsis
Neste episodio do podcast O Envés da Páxina ofrecemos unha conversa en profundidade con Adrián Estévez Iglesias, autor do libro "Manuel de Castro Hándicap: Crónica dunha paixón" (Galaxia, 2023), unha moi interesante biografía dunha das figuras máis importantes do xornalismo deportivo, do fútbol e do deporte en xeral tanto en Vigo coma en Galicia. O libro explora a vida dun dos fundadores do Real Club Celta de Vigo precisamente no ano do centenario de clube celeste.